19/04/2024
En Arabías levamos un tempiño moi centradas en impartir formacións entendendo as mesmas como un aporte para a transformación social feminista 🌻🫀
O pasado fin de semana desenvolvimos unha xornada intensa de formación para todo o persoal político e técnico do Concello de Pontedeume no Pazo de Mariñán na que abordamos a Corresponsabilidade e os novos usos do tempo, fiando dende as aprendizaxes da economía feminista. 💸💜♀️
Nesta formación, ao igual que en todas as que impartimos, empregamos metodoloxías participativas que alternan espazos expositivos con outros nos que debater ou levar á práctica os elementos analizados: dinámicas de grupo, traballo en equipos, audiovisuais... 🪅
Agradecidas estamos de poder aprender e compartir da man de xente comprometida por unha administración pública máis coidadosa e transformadora 🥰🤗