03/06/2026
Outra Forma de Vivenda apoia a mobilización polo dereito á vivenda do 6 de xuño.
A vivenda non pode ser un privilexio nin un negocio: ten que ser un dereito garantido!
Dende Outra Forma de Vivenda vivimos con preocupación a situación de emerxencia habitacional que atravesa as nosas vidas. Sufrimos o encarecemento dos alugueiros, a dificultade crecente para acceder a unha vivenda digna, a presión da especulación inmobiliaria e a insuficiencia de políticas públicas que poñan a vivenda ao servizo da maioría social.
Como cooperativa de vivenda en cesión de uso, defendemos modelos non especulativos, comunitarios e sostibles como alternativa ao modelo hexémonico e neoliberal baseado na propiedade privada e no endebedamento individual, mais sabemos que estas alternativas deben formar parte dunha resposta máis ampla. O dereito á vivenda precisa mobilización social, políticas públicas, máis vivenda pública, control efectivo dos abusos no mercado e medidas reais contra a expulsión da veciñanza dos seus barrios.
Por iso, apoiamos as accións impulsadas pola e polo .falperra.osmallos , e animamos á todalas persoas da cidade a participar na manifestación do sábado 6 de xuño ás 12h na praza de Ourense.