Feirón Sen Patrón

Feirón Sen Patrón Mercado de proximidade. Evento que agrupa a máis dunha vintena de artesás e artistas local en torno á autoprodución, orixinalidade, proximidade e calidade.

Adororoda // AleAlé, Cervexas naturais // Ana Zapata, Pintura, escultura, artesanía. // Anton collage // Blanca comida vegana // Cando chove fai sol, Serigrafía e fotografía // Dispersa Pintura // Eduardo Canalejo // El taller muy secreto, Muñecos y móviles de tela // Herbas nömadas, Artesanía botanica // I3D - Imprime 3D Deseño Galego impreso en 3D // Iria Fafián, Ilustración e mural // Lola Pu

ñales, Jabones Artesanos // Manchea, imprenta+artefactos // Mikaeshi, Encuadernación Artesanal // Pastelería Clorofila // Psy•Cosy, Gorras // Sucede arte visual, Estampación. Ilustración. // The Beholder’s Eye // Volta revolta

Mañá para o peche do Feirón tenemos de dj á gran  😎✨💫🎵🎶💿📀
22/12/2025

Mañá para o peche do Feirón tenemos de dj á gran 😎✨💫🎵🎶💿📀

Mañá ás 19:00!! CCL Dj no Feirón 😎👌🏻🎶🎵🎵🎶🎵🎵🎵
20/12/2025

Mañá ás 19:00!! CCL Dj no Feirón 😎👌🏻🎶🎵🎵🎶🎵🎵🎵

Un ano máis, o Circo de Artesáns acolle o Feirón sen Patrón, un espazo no centro da Coruña con historia, no que sucedero...
17/12/2025

Un ano máis, o Circo de Artesáns acolle o Feirón sen Patrón, un espazo no centro da Coruña con historia, no que sucederon ,e seguen a suceder, moitas cousas culturais e creativas facendo xa mais de cen anos na cidade.Tras unha renovación recente, o espazo foi tomando forma para seguir sendo un lugar acolledor, vivo e preparado para a creación. Situado en San Andrés, 36, alí vos esperamos a partir deste venres ás 17:00 hrs !

O luns ás 17:30 hrs temos un novo obradoiro no Feirón ,impartido por .art Nesta actividade traballaremos sobre latas usa...
12/12/2025

O luns ás 17:30 hrs temos un novo obradoiro no Feirón ,impartido por .art

Nesta actividade traballaremos sobre latas usadas de para crear decoracións en relieve mediante a antiga tecnica do repuxado.Este obradoiro basase na recuperación de desperdicios para darlles unha segunda vida e tamen en revalorizar técnicas artísticas tradicionais.  O repuxado adoitaba usarse para os exvotos nas igrexas e resultaba moi popular e dunha adquisición bastante doada. A chapa era moldeada con percusión e a continuación policromada. Agora utilizamos esta mesma técnica pero actualizada dende unha perspectiva ecolóxica e creativa.

Para a inscripción escribe unha mensaxe privada a .art ou ó 666045957. O prezo do obradoiro será de 10 euros por persoa.

Anímate a disfrutar dunha actividade moi especial dedicada ó Nadal!

O domingo 21 ás 13:00 hrs temos a sorte de contar con  para dar un concertazo na sesión vermú do Feirón, entrada de bald...
12/12/2025

O domingo 21 ás 13:00 hrs temos a sorte de contar con para dar un concertazo na sesión vermú do Feirón, entrada de balde!

Únete a un obradoiro participativo no que recuperamos a cantigas tradicionais das cantareiras galegas para revisitalas d...
11/12/2025

Únete a un obradoiro participativo no que recuperamos a cantigas tradicionais das cantareiras galegas para revisitalas desde unha mirada contemporánea, feminista e comunitaria. A través da estampación manual con culleres sobre distintos soportes (camisolas, bolsas, papel…), levaremos á rúa as voces das avoas e aquelas frases que durante xeracións non se puideron dicir. As lembranzas das cantareiras da oralidade ao tecido.

Neste obradoiro impartido por .artee exploraremos cantigas con perspectiva feminista, LGTBI, de diversidade, afecto e humor, convertendo o espazo nun lugar vivo de memoria e creación colectiva, aberto a todas as identidades e xeracións.

Ven crear comunidade, estampar e celebrar a forza da música, das mulleres e da palabra!

Para a inscripción contactade en mensaxe privado con .artee 💚

O prezo do obradoiro será de 15 euros, esperamos veros o domingo 21 ás 18:00 hrs!!

O sábado 20 ás 19:30 hrs temos a sorte de contar co directo de   no Feirón ✨💙Animádevos a vir e disfrutar dun concerto m...
11/12/2025

O sábado 20 ás 19:30 hrs temos a sorte de contar co directo de no Feirón ✨💙
Animádevos a vir e disfrutar dun concerto moi especial. Entrada de balde!!

Do 19 ao 23 de decembro, volta o FEIRÓN SEN PATRÓN, o feirón máis molón da cidade e o único autoxestionado! ✊💙Non deixes...
11/12/2025

Do 19 ao 23 de decembro, volta o FEIRÓN SEN PATRÓN, o feirón máis molón da cidade e o único autoxestionado! ✊💙

Non deixes de pasar visitar, mercar, picar algo, escoitar música, palestras ou participar nos obradoiros desta nova edición, e xa van OITO do Feirón sen Patrón!!

No Circo de Artesáns, rúa Santo André, 36 da .
Horarios:
👉 venres 19, de 17h a 21h
👉 sábado 20, de 11h a 14h e de 17h a 21h
👉 domingo 21, de de 11h a 14h e de 17h a 21h

A G A R D Á M O S V O S !!!

Moi boas!
Chega un dos momentos especiais do ano: o regreso do Feirón Sen Patrón ao Circo de Artesáns! Volvemos nesta octava edición que vén chea de luz, creatividade e esa maxia que acontece cando a artesanía galega se xunta baixo o mesmo teito.

Do 19 ao 23 de decembro, abriremos as portas a cinco días de celebración da creación de proximidade: pezas únicas feitas a man, novas propostas de artistas e creadoras locais, obradoiros para deixar voar a imaxinación, música en vivo, DJs, foliadas e un montón de actividades pensadas para g***r e compartir.

Este Feirón é tamén unha oportunidade perfecta para atopar agasallos con historia, feitos con cariño, que apoian o talento da nosa xente e levan consigo un chisquiño desa alma artesanal que tanto valoramos. Achegádevos, curioseade, preguntade, tocade, escoitade… queremos que vivades o Feirón coma unha festa creativa na que todo o mundo é benvido.

Temos moitísimas ganas de arrancar esta nova edición e de vervos por alí, enchendo o espazo de sorrisos, bailes e conversas bonitas.
Preparade as datas… e o espírito festivo!

Vémonos a partir do venres 19 ás 17:00 ✨

Fermosísimo cartaz feito por .aldea 💙

O sábado 20 ás 12:00 HRS temos un ano máis o obradorio de Kokedamas impartido por  .Se anímaste a participar escribe a  ...
10/12/2025

O sábado 20 ás 12:00 HRS temos un ano máis o obradorio de Kokedamas impartido por .Se anímaste a participar escribe a ou ó 644551104.

QUE É UN KOKEDAMA?

A Kokedama é unha técnica tradicional xaponesa, que consiste en albergar a planta nunha maceta orgánica de musgo en forma de bola, de ahí o seu nome Koke (musgo) Dama (bola). Esta singular disciplina deriva da popular técnica do Bonsai, coa que comparte moitas semellanzas, servindo de guía para crear un novo concepto que nos permita traballar con calquera variedade de planta, proporcionando as condicións idóneas para o seu perfecto desenvolvemento.

Algúns dos beneficios que o musgo aporta ás plantas son:

Contén o substrato, substituíndo as macetas convencionais.
Retén a humidade no substrato, reducindo a necesidade de rego.
Dálle á planta un deseño orixinal e funcional ao mesmo tempo.
Usar o musgo como maceta permítenos crear kokedamas con calquera planta, tanto no exterior como no interior.

O tamaño tampouco é límite, fainos a túa proposta e xuntos descubriremos as infinitas posibilidades que nos ofrece esta sorprendente técnica. Amamos os retos! Este ano Espora ofrecerá un obradoiro de elaboración de kokedamas dun xeito sinxelo e para todos os públicos, teremos plantas para escoller e instalar dentro dun kokedama. O custo dos materiais será de 35 euros.
Animádevos!!!

💚🌿🪴

Estas son algunhas das propostas deste ano 🧡 A partir do próximo venres 19 no Circo de Artesáns!
10/12/2025

Estas son algunhas das propostas deste ano 🧡
A partir do próximo venres 19 no Circo de Artesáns!








Este domingo teremos a sorte de disfrutar con vós do concerto de Matilda e Edu, compoñentes da banda  , no que tocarán a...
16/12/2024

Este domingo teremos a sorte de disfrutar con vós do concerto de Matilda e Edu, compoñentes da banda , no que tocarán algunhas das súas cancións e tamén algunha versión. A partir das 13:00hrs no Circo de Artesáns!
Entrada de balde 🤗

Comezamos a primera tarde do Feirón coa música de  💙🎵🎶O venres 20 ás 19:30hrs!
13/12/2024

Comezamos a primera tarde do Feirón coa música de 💙🎵🎶
O venres 20 ás 19:30hrs!

Dirección

Rúa San Andrés
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Lunes 11:30 - 22:00
Martes 11:30 - 22:00
Jueves 11:30 - 22:00
Viernes 11:30 - 22:00
Sábado 11:30 - 22:00
Domingo 11:30 - 22:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Feirón Sen Patrón publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Feirón Sen Patrón:

Compartir