10/02/2026
Boas a tod@s!!!🤩
Hoxe é un día especial para a nosa pequena empresa porque estamos de ANIVERSARIO!!! Hoxe fai nada máis e nada menos ca 40 anos que subimos a persiana por primeira vez! 😍😍😍
40 ANOS… 40 anos que dan para moito, 40 anos de aprendizaxe, 40 anos de atención ao público, 40 anos tendo un negocio no mercado do teu pobo, 40 anos escoitando e conversando cos teus clientes, 40 anos de acertos e erros, 40 anos axudando a asociacións e entidades locais, 40 anos ao servicio dos nosos clientes aos cales llo debemos todo, 40 anos de alegrías e choros, 40 anos de vida… ao voso lado!🥹
Por todo isto temos que darvos as gracias a tod@s por acudir ben sexa de forma diaria, semanal, mensual ou puntual. Ademáis, queremos dar un agradecemento especial aos clientes de toda a vida, aos clientes que nos vistedes saír da nada, aos clientes que vistedes medrar aos nosos fillos e nos acompañastedes neste camiño, aos clientes que fostedes casa nestes 40 anos!!! GRACIAS!😍
Por todo isto queremos que sepades que este ano é un ano especial, polo que comezamos ao grande!! Dende hoxe regalaráselle a tod@s os clientes 1 bolsa de tela especial 40 aniversario ata fin de existencias! Ademáis, arrancamos estes 40 anos sorteando 10 vales de compra valorados en 40€ entre tod@s os que acudades á carnicería dende hoxe ata o 10 de Marzo. E prometemos facer varios sorteos ao longo deste ano!
Nada máis, GRACIAS, GRACIAS e infinitas GRACIAS unha vez máis! Porque van 40 e quedan moitos máis! Daquí nun ano e vós que o vexades! Un abrazo enorme para tod@s vós ❤️
Carnicería Moncho Boga, ofrecendo calidade dende 1986 🤩
Agradéceses compartir para chegar ao máximo de xente posible 🙏🏻