08/10/2026
O San Froilán non era só ir a Lugo. Era ir todos.
E si, falámolo en pasado… pero non porque esta tradición desaparecese nin porque a festa rematase.
Falámolo así porque hoxe queremos lembrar e honrar esas costumes de sempre, esas que pasaron de avós a pais, e de pais a fillos.
Porque para moitas familias, o San Froilán era moito máis ca unha festa.
Era o día de deixar a aldea ou o pobo, de poñerse guapos e xuntar avós, fillos, netos, tíos e curmáns arredor dunha mesa de polbo.
Era reencontrarse con familiares e veciños que levabamos tempo sen ver, pasear entre a xente e volver contar aquelas historias de sempre.
E para os pequenos... as barracas!
Quen non lembra aqueles cartiños que os avós nos metían no peto, ás agachadas dos pais, para subir unha vez máis ás atraccións? As améndoas garrapiñadas, os churros, o algodón de azucre, os premios da tómbola...
Pasaron os anos. Moitos daqueles nenos son hoxe os pais que levan os seus fillos. E algúns daqueles avós xa non están, pero seguen presentes nos recordos de cada San Froilán.
Porque hai tradicións que son moito máis ca un costume. Son parte da nosa historia.
E agora queremos coñecer a túa!
Que tradición hai na túa familia ou entre os teus amigos que nunca falta polo San Froilán?
Quizais unha comida, unha visita ás barracas, unha foto no mesmo lugar cada ano ou unha quedada cos amigos de toda a vida...
Ou quizais algunha que che gustaría empezar para que, dentro de moitos anos, tamén a lembren os teus netos.
Cóntanola nos comentarios. Encantaríanos ler esas pequenas historias que fan tan grande o noso San Froilán.
Casa Serra · Castroverde