07/01/2026
Din que para facer o mellor Roscón de Reis artesán fai falta unha gran receita. E si, en Pandejuevo usamos só a mellor: manteiga de verdade, auga de azahar pura, cítricos relados a man e todo o tempo e agarimo que sexa necesario.
Pero este ano, o ingrediente secreto foi outro.
Foi un equipo incrible rozando os límites da capacidade humana e do obradoiro.
Grazas, EQUIPAZO. Porque sabemos que traballar nestas datas, onde a conciliación familiar e o descanso parecen unha utopía, é un esforzo enorme. Puxestes toda a alma en cada amasado.
Por 5º ano consecutivo batemos o noso récord, chegamos ao tope, literalmente non cabía un Roscón máis!
GRAZAS A VÓS, A todas e todos que confiastes en nós para a vosa mesa e pola comprensión aos que non chegastes a tempo. Pero sobre todo, grazas infinitas a todas as persoas que pasastes polo obradoiro ou nos escribistes con feedbacks incribles e cheos de cariño.
FELIZ ANINOVO! (Si, liches ben)
Para nós, onte foi o último día do ano e hoxe comeza o noso 2026. E para celebralo... anunciamos oficialmente que os encargos para a campaña de Reis 2027 xa están abertos!
Pero non tedes que esperar tanto: porque facemos Roscón DURANTE TODO O ANO! Si!! Todo o ano!! Porque as cousas boas non deberían ter data de caducidade.
Vémonos no obradoiro!
Gracias infinitas por estar ahí!