Porco Celta

Porco Celta A Asociación Amigos do Porco Celta Costa da Morte é unha asociación sen ánimo de lucro composta por un grupo de amigos.

A Asociación Amigos do Porco Celta da Costa da Morte, nace no ano 2006 co fin de divulgar e difundir a raza autóctona do Porco Celta para evitar a súa extinción e contribuír a conservar o patrimonio xenético da nosa Comunidade, e desenvolver actividades encamiñadas a fomentar a participación cidadá. Aínda que o noso ámbito de actuación é fundamentalmente autonómico, non descartamos a participación

en calquera evento nacional ou internacional con tal de promocionar esta raza. A Xunta Directiva está formada polo Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e seis Vocais. A nosa actividade central do ano é A FESTA GASTRÓNOMICA - CULTURAL DO PORCO CELTA, que se celebra o segundo sábado do mes de agosto en Corcubión (A Coruña).

Dirección

Corcubión
15130

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Porco Celta publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría