17/06/2026
🌈Ao longo deste mes estivemos Rachando os marcos en tódalas aulas de 1º de ESO do concello da Guarda.
✊Falamos do Orgullo, da identidade, dos dereitos.
🎭Abrimos debates incómodos.
❤️Fixémonos preguntas e buscamos respostas colectivas.
Aprendemos moito: elus e nós.
💥É importante que non se esqueza que non hai un momento para falar de diversidade, nin unha idade ideal nin un lugar concreto.
Igual que non hai un momento, unha idade ou un lugar para falar do tempo, porque está sempre presente. 💫
Graciñas por deixarnos formar parte do desenvolvemento das crianzas e adolescentes. É unha sorte inmensa! 😻
E graciñas ao CIM da Guarda por contar con nós un ano máis 🧵