Mel Aialma

Mel Aialma Somos apicultures nos montes de Laza. Producimos mel cru e sen filtrar. Temos mel de castiñeiro e mel de flores silvestres.

Máis aló da recollida do mel, a apicultura é, sobre todo, coidado e observación. Onte revisamos as colmeas para comproba...
24/03/2026

Máis aló da recollida do mel, a apicultura é, sobre todo, coidado e observación. Onte revisamos as colmeas para comprobar que todo vai ben:
- Saúde da colonia: verificación da fortaleza da colmea.
- Reservas e espazo: aseguramonos que teñan alimento abondo e espazo para seguir medrando.
- Actividade da raíña: Unha ollada rápida aos cadros di moito sobre o futuro da colmea.
Para nós é un privilexio traballar e axudar a estas pequenas grandes traballadoras a seguir polinizando o noso entorno afectado polos grandes incendios do verán pasado.




🍯 Mel Aialma, unha cullerada de de saúde e tradición directamente da colmea con todo o respecto á nosa terra.
10/02/2026

🍯 Mel Aialma, unha cullerada de de saúde e tradición directamente da colmea con todo o respecto á nosa terra.




Hoxe queremos amosar o que o lume deixou ao seu paso.Varios dos nosos colmeares resultaron afectados. Afortunadamente ti...
02/09/2025

Hoxe queremos amosar o que o lume deixou ao seu paso.
Varios dos nosos colmeares resultaron afectados. Afortunadamente tivemos tempo de salvar o mel, que foi recollido nas medias alzas (caixóns superiores da colmea) cando o lume xa se achegaba á nosa aldea. As colmeas (coa súa cámara de cría) ficaron no seu lugar, e cruzamos os dedos para que o lume non chegara pero non foi así.
O lume pasou e calcinou moitas delas, deixando ao seu paso só tristura e desolación. Algunhas das colmeas sobreviviron ao incendio pero a súa capacidade de supervivencia no inverno vese seriamente ameazada, e estes días están sendo atacadas por multitude de velutinas que aproveitan a súa debilidade.

Quédanos seguir remando e poñer todos os nosos esforzos para trasladar colmeares, que xa estamos preparando, facer colmeas novas e seguir traballando.

💛 Queremos agradecer o voso interese e preocupación, as fincas cedidas e os folgos que nos mandades, grazas de corazón.

Grazas Diego polas fotos 🫶🏼

Non temos palabras para describir o que sufrimos hai días. Durante case unha semana estivemos rodeados de lume.Vimos apa...
26/08/2025

Non temos palabras para describir o que sufrimos hai días. Durante case unha semana estivemos rodeados de lume.
Vimos aparecer o lume nas aldeas da comarca e vímolo avanzar imparable ata que chegou á nosa casa, ó noso monte, e aos nosos colmeares.

Loitamos contra o xigante, pero a maioría das veces (non todas) foi en vano.

A política forestal galega é o que ten. Plantemos castiñeiros e carballos, acabemos co monocultivo, e sigamos consumindo os produtos que produce a xente que aínda quere vivir no rural.

✊🏽 seguimos na loita

🥇🍯Ouro para Mel Aialma no LHA🍯🥇Nesta edición de 2025, mel Aialma, por cuarto ano consecutivo, acada a categoría de ouro ...
10/06/2025

🥇🍯Ouro para Mel Aialma no LHA🍯🥇

Nesta edición de 2025, mel Aialma, por cuarto ano consecutivo, acada a categoría de ouro para un dos seus meles, o mel de castiñeiro. Ao longo destes 4 anos o concurso Global Honey Stars e
London Honey Awards teñen premiado o mel lazano coas súas disticións á calidade e ao deseño.

Aialma aposta por un proxecto de compromiso co territorio e o patrimonio. Os montes de Laza, do Macizo Central, destacan por unha riqueza natural, na que persiste aínda unha apicultura tradicional a pequena escala. Nas nosas colmeas recóllese este mel tan valioso que se apreza máis alá das nosas fronteras.

Un recoñecemento para o noso labor que realizamos con agarimo coidando do medio que nos rodea para producir produtos de calidade.







Abellas en familia 🐝Achegar os pequenos ao mundo da apicultura tamén é un inmenso pracer. Temos a sorte de vivir neste r...
10/05/2025

Abellas en familia 🐝
Achegar os pequenos ao mundo da apicultura tamén é un inmenso pracer.
Temos a sorte de vivir neste recuncho do mundo onde a natureza está sempre presente, por iso coñecela e valorala é moito máis fácil.
Moitas grazas aos que confiades no noso proxecto! 💛

🐝


De novo no Salón Gourmet  ✨🍯🍽️Estes días andamos lonxe da terra. Grazas ao apoio de  varios produtores ourensáns estamos...
07/04/2025

De novo no Salón Gourmet ✨🍯🍽️
Estes días andamos lonxe da terra. Grazas ao apoio de varios produtores ourensáns estamos expoñendo no Salón Gourmet no Ifema (Madrid)
Vai ser unha semana chea de actividades empezando pola demostración de Alberto Fernández elaborando un Donut 🍩 de Porco Celta🐷 empregando os mellores ingredientes


aialma

⛰️ A nosa serra, a Serra do San Mamede, a do xigante durmido, que chega a unha altitude de 1.618 m, desde alí divisamos ...
01/04/2025

⛰️ A nosa serra, a Serra do San Mamede, a do xigante durmido, que chega a unha altitude de 1.618 m, desde alí divisamos Portugal, Manzaneda e ata Pena Trevinca.

🌳 Un lugar protexido pola Rede Natura onde nace o río Arnoia, que é o río ourensán máis longo, dando vida ao Macizo Central.

🐝 Dende alí contemplamos a grandeza, sentímonos pequenos e agradecidos por poder traballar producindo mel rodeados destas montañas.

💚 Somos afortunados e estamos orgullosos de vivir neste recuncho do mundo, rodeados dun monte espectacular, que agardamos se conserve libre de incendios, de macroeólicos e doutras agresións contra o territorio. ✊🏾

🐝

11/03/2025

👉 Vai un tempo, entrevistáronnos na co seu programa Cos pés na terra. Xa está dispoñible o programa completo na súa web! ☺

🎉 Velaquí as persoas premiadas no sorteo, moitos parabéns!!🎉 👉En breves porémonos en contacto con vós para coordinar a e...
27/02/2025

🎉 Velaquí as persoas premiadas no sorteo, moitos parabéns!!🎉

👉En breves porémonos en contacto con vós para coordinar a entrega do premio.

🍀 Moitas gracias a todas as persoas que praticipastes 🫶

🔥Entroidai ben e que Viva o Entroido!!🔥

🧡🤡SORTEO ENTROIDEIRO🤡🧡🔥Para nós o Entroido non é unha festa, é A Festa. É un sentimento e unha paixón que marcan todo o ...
20/02/2025

🧡🤡SORTEO ENTROIDEIRO🤡🧡

🔥Para nós o Entroido non é unha festa, é A Festa. É un sentimento e unha paixón que marcan todo o ano🔥

Xa levamos unhas semanas coas preparacións, e desta volta, dende o interior de Ourense querémolo celebrar com vós.🥁🤡🎉🎺🍻

Lanzamos un concurso para poñer doce a vosa casa e g***r do Entroido como debe ser. A persoa gañadora levará un lote de produtos de Tembra. Quinteiro doce e de 🍯😋🍩

Para participar tedes que …

👹 Seguir as contas de Mel Aialma e Tembra. Quinteiro doce
👹 Darlle ao “gústame” nesta publicación
👹 Darlle a "compartir" nesta publicación
👹 Escribir o nome dalgunha persoa coa que de seguro vas entroidar

Tedes ata o mércores 26 ás 23:59. O xoves 27 anunciaremos a persoa gañadora por mensaxe directo.

Lume 👹🥞🔥🕺🏽🐜

🌲Paseando polos nosos montes. Abraiándonos unha vez máis coas súas cores. Revisando que tal levan o inverno as nosas com...
05/02/2025

🌲Paseando polos nosos montes. Abraiándonos unha vez máis coas súas cores. Revisando que tal levan o inverno as nosas compañeiras...🐝. Como nos gusta o inverno!!😌

Dirección

Laza
32620

Teléfono

+34686278489

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mel Aialma publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir