Bico de grao S. Coop. Galega

Bico de grao S. Coop. Galega 🌿Tenda produtos ecolóxicos a granel
🌿Espazo multidisciplinar
🌿Consumo crítico.Comercio xusto.Km0

Bico de grao somos tres socias que nos constituímos como cooperativa de traballo asociado para por en marcha un espazo de venda de produtos ecolóxicos a granel e de xestión comunitaria de servizos, co obxectivo final de crear un rede de consumo consciente e responsable en Lugo. Este proxecto pretende ofrecer alternativas sustentables en tódalas súas vertentes polo que ademais dunha tenda de produt

os ecolóxicos a granel e non perecedeiros, temos un espazo para a realización de actividades relacionadas cos valores da cooperativa e outro de deseño téxtil (coa nosa propia marca Fixenöeu). Na procura dun mundo mellor, máis sostible, xusto, ecolóxico e solidario, creamos este espazo, ao que vos convidamos a unirvos para agrupar inquedanzas e procurar alternativas.

Tardou en chegar pero fíxoo con toda a súa forciña! 🌞Para que nin a vosa pel sufra (nin os mares, océanos, pozas, ríos e...
01/06/2026

Tardou en chegar pero fíxoo con toda a súa forciña! 🌞

Para que nin a vosa pel sufra (nin os mares, océanos, pozas, ríos e a fauna destes), lembrade que en Bico temos:

⛱️ Protectores solares de (para crianzas, adultas, facial e facial con cor) feitos en Barcelona e veganos.

⛱️Protector solar , feitos en Pontevedra da man dunha farmacéutica e un biólogo, con ingredientes locais (algas, augas mediciñais de Mondariz e cera de abellas).

Ámbolos dous son filtros físicos, sen partículas nanométricas, resistentes á auga, fluídos, biodegradables, sen conservantes, siliconas nin perfumes.

⛱️Completamos o conxunto de protección máxima co bálsamo vegano de Hurraw! Que hidrata moito e non deixa residuo branco.

👉Lembrade sempre protexer a cabeciña cunha boa pucha 🧢 e refrescarvos cada certo tempo 💦.

📣Escoitamos hoxe que seguramente sexa o verán máis caloroso dos que lembramos así que só nos queda protexernos, tanto fisicamente como no teórico e material (loitando contra o cambio climático, as que o negan, o capitalismo que o acelera e as que promoven prácticas contrarias ao ben común noso e da Terra). 🌎💜

Asistimos, nestes tempos de insolidariedade atronadora, a como os principios máis básicos da convivencia e da paz son em...
15/05/2026

Asistimos, nestes tempos de insolidariedade atronadora, a como os principios máis básicos da convivencia e da paz son empregados como armas políticas ao servizo de quen só pretende agrandar, sen sentido ningún, a distancia entre unhas persoas e outras.

Estamos na semana das Letras Galegas e este domingo celebramos (e reivindicamos) a necesidade da protección institucional da lingua galega como máxima expresión dos cimentos dunha cultura e dun xeito propio de estar e de pertencer ao mundo.

En Bico de Grao sempre tivemos claros os nosos posicionamentos. Dende o inicio fomos un espazo seguro para o emprego da lingua, e iso é para nós motivo de orgullo, de identidade e de compromiso.

Levamos días asistindo a movementos políticos na cidade sobre os que non imos entrar a valorar. Mais cando se trata de recortar liberdades, de retirar unha bandeira que reclama paz e xustiza, de desmontar liñas de traballo institucional a prol da nosa lingua, de transformar o Lugo solidario e aberto nun outro que non recoñecemos, aí si que sentimos a obriga de estar, de falar e de posicionarnos.

Porque Bico de Grao non lle debe nada a ninguén máis que á ética das persoas que estamos detrás do mostrador e das que estades diante del cada día. E a coherencia é o mínimo que se lle debe esixir a un espazo político e humano coma o noso.

Temos a enorme sorte de vivir nun Lugo que, malia todo, conserva unha valiosa saúde lingüística. Unha cidade orgullosa e humilde, consciente de onde vén e tamén de cara onde quere camiñar. Somos moitas as persoas que defendemos a diversidade, a multiculturalidade e o ben común porque cremos, profundamente, que as linguas unen, enriquecen e fan mellor á sociedade.

A nosa identidade non se toca.
O galego non se toca.

ALIMENTACIÓN, HORMONAS E COIDADOAbrimos un espazo para aprender sobre nutrición cunha mirada máis consciente, práctica e...
13/05/2026

ALIMENTACIÓN, HORMONAS E COIDADO

Abrimos un espazo para aprender sobre nutrición cunha mirada máis consciente, práctica e con perspectiva de xénero da man de 💜

Neste curso falaremos de:
🥗 Introdución á nutrición con perspectiva de xénero.
🌙 A alimentación ao longo do ciclo menstrual e nas diferentes etapas vitais.
💛 Aproximación ao coidado en situacións como a endometriose, o SOP ou a menopausa.
🛒 Lectura crítica do etiquetado nutricional.
🍲 Creación colectiva de menús sinxelos, realistas e adaptables ao día a día.

Un encontro para compartir información útil, desmontar mitos e crear ferramentas de coidado desde o colectivo ✨

Será o venres 29 de maio de 18 a 20h.
👉 Inscríbete axiña, prazas limitadas!

E diredes vós... Como é que fan publicidade dunha obra de teatro? Sobran os motivos!👉Porque unha das actrices, promotora...
22/04/2026

E diredes vós... Como é que fan publicidade dunha obra de teatro? Sobran os motivos!

👉Porque unha das actrices, promotoras e xestoras de .teatrofisico é a nosa
👉Porque baixo a nosa marca téxtil fixemos parte do vestiario.
👉Porque apostamos pola cultura galega, en galego e de galegas.
👉Porque a presencia é importante. Estar fisicamente nos espazos é tan, tan fundamental que non nos cansamos de repetilo.
👉Porque equilibrar a vida de dentro de Bico e a de fóra, mesturándonos coas que están do outro lado, é un acto político.
👉Porque este proxecto ten moito talento e traballo detrás.

Animámosvos a todas e todos a achegarvos ao Gustavo Freire o xoves ás 20.30h para atoparnos alí.

A nosa tendiña pechará, excepcionalmente ás 19.30h, para que nos dea tempo a chegar.

Máis teatro, máis presencia ociosa e menos guerra.

Esta casiña de paxaros chegou a nós como un detalle, pero quedou como símbolo: de coidado, de vida que medra amodo, de e...
13/04/2026

Esta casiña de paxaros chegou a nós como un detalle, pero quedou como símbolo: de coidado, de vida que medra amodo, de espazos onde parar e respirar.
Agora colga aí fóra, acompañando ao noso proxecto e lembrándonos que tamén nós queremos ser iso: un lugar que acolle.
Grazas por regalarnos algo tan sinxelo e tan cheo de sentido 💜.

🔊Díganllo ás veciñas, á familia, á parella, ás amigas porque volve, un ano máis (e van 12), O MERCADIÑO DE TROCO de Bico...
06/04/2026

🔊Díganllo ás veciñas, á familia, á parella, ás amigas porque volve, un ano máis (e van 12), O MERCADIÑO DE TROCO de Bico de Grao 🌷edición primavera!

O funcionamento é o habitual: Tes algo que non uses? Está en bo estado? Pois que estea limpiño e digno de intercambiar porque seguro, seguro que a alguén lle fai avío.

A cambio, levas o que precises. Non se trata de caridade, senón dun xeito alternativo de economía e de resistencia.
✳️Resistencia ao consumismo que nos afoga.
✳️Resistencia a unha economía que esquece ás persoas.
✳️Resistencia desde o cotiá, desde o pequeno, desde o colectivo.

Porque trocar tamén é coidarnos.
Porque compartir tamén é loitar.

Vémonos mércores 15 e xoves 16 en Bico.
Que este convite chegue moi lonxe! Que rule, que rule!

🚨🥬 ALERTA VERDE!As nosas verduras están hoxe con máis actitude ca nunca de ir para as vosas despensas porque... mañá e p...
01/04/2026

🚨🥬 ALERTA VERDE!

As nosas verduras están hoxe con máis actitude ca nunca de ir para as vosas despensas porque... mañá e pasado pechamos!

Achégate cargar a túa bolsa de alimento e de empatía, porque un pequeno xesto pode marcar a diferenza:
1️⃣ planifica as compras con tempo (isto sobre todo, se vas a outros establecementos onde non pechan nos festivos) 👉 para non ter que depender de que haxa quen teña que traballar incluso en días que deberían ser para parar 🌿.

Volvemos o sábado con máis verde e menos présas! 👌👷‍♀️💐

Gústanche as setas? E a idea de cultivalas ti mesma?Pois temos plan!Este xoves, 26 de marzo, Xose Martínez vén a Bico pa...
23/03/2026

Gústanche as setas?
E a idea de cultivalas ti mesma?

Pois temos plan!

Este xoves, 26 de marzo, Xose Martínez vén a Bico para ensinarnos algo ben curioso: como cultivar pleurotus na casa. Si, si, na casa e sen necesidade de moita terra, nin de horta sequera!

Un obradoiro para amantes dos fungos ou simplemente para quen teña ganas de aprender algo novo e marchar para casa cun proxecto vivo baixo o brazo. Se xa fixeches o de sh*take, vente igual que non é o mesmo.

👉Podes apuntarte na tenda ou escribindo ao WhatsApp 651410992.

👉Para gardar praza hai que facer o pagamento (15€).

07/03/2026

Mañá, e en cada proposta, hai que volver ocupar as rúas. Saír polas mulleres asasinadas pola violencia machista, polas crianzas vítimas da violencia vicaria e por todas as persoas que sofren agresións e discriminación polo simple feito de existir. O machismo mata, violenta e silencia, e fronte a iso o feminismo responde con organización, loita e solidariedade.

Vivimos un momento no que avanzan discursos de odio: unha extrema dereita misóxina, ra***ta, homófoba e negacionista que se alimenta dun sistema económico depredador. Fronte a iso, o feminismo segue sendo unha resposta de esperanza, organización e loita por unha vida digna para todas as persoas.

Grazas a esa forza colectiva, moitas violencias que antes se silenciaban hoxe denúncianse.

O feminismo é plural e diverso. Mulleres de diferentes idades, procedencias, culturas, clases sociais e identidades construímos un movemento amplo que tamén dialoga con outras loitas. Esa diversidade forma parte da riqueza do feminismo. O importante é seguir saíndo ás rúas, sumando voces e facendo fronte común.

Nun mundo atravesado por guerras, intereses económicos e violencias coloniais, reivindicamos tamén a paz e a vida digna para os pobos. Contra o machismo, contra o fascismo e contra todas as violencias.

Pola vida, pola xustiza e pola igualdade real.
Combativas, sempre. 💪💜

Marzo arrecende!Arrecende a fresco, a luz, a xuntarse e a compartir.Arrecende a hortas de estrea, a alimentos que nutren...
04/03/2026

Marzo arrecende!
Arrecende a fresco, a luz, a xuntarse e a compartir.
Arrecende a hortas de estrea, a alimentos que nutren, a cultivos caseiros que medran con agarimo.

Este mes traemos tres encontros para sementar coñecemento e comunidade:
🌿 Un curso de alimentación consciente (compra, organización e menús).
🌱 Un intercambio de sementes para dar vida ás nosas hortas.
🍄 Un curso de cultivo de cogumelos na casa.

Un luxo contar con esta xente na nosa trastenda.
Un pracer que veñades e formedes parte.

Xa sabedes: inscricións por WhatsApp ou na tendiña.
Agardámosvos!

Dirección

Ronda Das Fontiñas 226 Baixo
Lugo
27002

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Martes 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Miércoles 11:00 - 20:30
Jueves 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Viernes 11:00 - 15:00
17:00 - 20:30
Sábado 11:00 - 14:00

Teléfono

+34982807935

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bico de grao S. Coop. Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir