Casa da Fonte

Casa da Fonte Na granxa rexenerativa Casa da Fonte, realizamos a cría e manexo natural dos animais, o que nos per

02/09/2026

Aquí vai un resumo do que foi o noso mes de agosto.
🌾☀️🌦️🐕🐈‍⬛🐄🐎🫏🐖🐓🧈🥛

O mes no que a seca se fixo total, aínda que tivemos unha última semana de auga moi valiosa e agardada para o campo.
As nosas vaquiñas comezan a ter o seu merecido descanso antes da próxima lactación e imos despedindo o verán pouco a pouco.
Días de calor, mañás de néboas e algúns días de auga.
Aínda que a nosa actividade de transformación diminúe, a vida na granxa continúa, agardando a que o outono veña de novo e con él a volta dos pastos verdes.
Continuamos no noso empeño de ofrecervos alimentos medicinais ó mesmo tempo que coidamos do entorno. Grazas por seguir ahí 🥰💚

20/08/2026

A natureza non produce en serie. Nosoutros tampouco. 🌾⏸️🐄
Como vedes neste vídeo, o verán avanzou e os pastos están secos. En Casa da Fonte non forzamos á natureza nin queremos perder a nosa esencia. Por iso, como estes anos por estas datas, nos vindeiros días faremos un parón biolóxico da nosa produción láctea.
Iremos secando as nosas vacas progresivamente para darlles o seu máis que merecido descanso.
Por que facemos este parón?
As nosas vacas entran na fase final das súas xestacións. Precisan descansar, recuperar reservas e prepararse sen estrés para os partos do outono.
Cando regresen as choivas, os pastos volverán estar verdes e nacerán as novas becerras. Entón reabriremos as entregas dos nosos produtos lácteos.
Grazas por entender e apoiar unha alimentación que respecta os ritmos do planeta e o benestar dos animais. A calidade medicinal dos nosos alimentos non se fabrica nunha industria; é filla do tempo e do respecto polos ciclos reais.

12/08/2026

Na natureza ninguén rompe a familia. En Casa da Fonte, tampouco. 🐄🤎🐄
A imaxe que vedes hoxe no prado parece sinxela, pero esconde unha das nosas decisións máis firmes: unha nai coa súa filla xa destetada, pastando xuntas e mantendo un vínculo que dura toda a vida.
Na industria convencional, a separación entre a nai e a becerra adoita facerse a poucas horas do nacemento. Nosoutros decidimos imitar o ciclo natural: permitimos que a becerra se crie ao lado da súa nai, aprendendo dela a pastar, a recoñecer o prado e a vivir sen o estrés da separación.
Cando chega o momento do destete, a relación non remata; seguen sendo parte do mesmo rabaño, camiñando xuntas.
Cremos firmemente que o benestar animal non é un selo nun papel, senón respectar a súa bioloxía e o seu comportamento social. Porque unha vaca sen estrés é a base dun solo vivo e dun produto realmente medicinal.

%

14/07/2026

O ritmo que dita a terra. 🌾🐄

Hoxe queriamos compartir con vós este momento de paz: as primeiras vacas saíndo tranquilas do muxido para volver ó seu lugar, o pasto. Sen pensos, sen présas, respectando os seus tempos e a súa bioloxía.
Aquí é onde nace a maxia de Casa da Fonte. ¡Grazas por seguir aí!

#100%pasto

Vacas que protexen fogares... 🐄🌾👨🏼‍🚒🔥¿Sabías que o deseño de pastos pode salvar unha aldea? 🌿🏠🔥Coa chegada da calor do v...
18/06/2026

Vacas que protexen fogares... 🐄🌾👨🏼‍🚒🔥
¿Sabías que o deseño de pastos pode salvar unha aldea? 🌿🏠🔥
Coa chegada da calor do verán, en Casa da Fonte reestructuramos a estratexia de manexo dos animais. Deixamos temporalmente as zonas máis afastadas e centramos o pastoreo nas fincas máis próximas ás vivendas.
O obxectivo é claro: limpeza biolóxica preventiva. O dente das nosas vacas é a ferramenta máis eficiente, silenciosa e sostible para eliminar o exceso de hierba que, en poucas semanas, se converte en combustible perigoso.
Ao controlar o prado a rentes de chan nestas zonas estratéxicas, reducimos drasticamente o risco de que os lumes do verán poidan afectar ás casas.
Cando apoias un modelo de pastoreo 100% real, non só estás elixindo unha nutrición limpa de inflamación; estás financiando a xestión activa e a seguridade dos nosos montes e aldeas en Pantón e Sober.


Conectar coa terra dende mozos para entender o valor da saúde. 👦👧🌱Onte recibimos a visita dun grupo de escolares do cole...
17/06/2026

Conectar coa terra dende mozos para entender o valor da saúde. 👦👧🌱
Onte recibimos a visita dun grupo de escolares do colexio Sagrado Corazón de Marín, que viñeron a coñecer de primeira man como funciona a Gandaría Rexenerativa e por que coidar o solo é a base de todo.
Para nós, abrir as portas da granxa é unha responsabilidade e unha labor de concienciación indispensable. Ver as súas caras ó entender que as vacas orquestran a vida do prado, ó escoitar o piar dos poliños ou ó ver de onde sae o leite real que nutre as súas mañás, non ten prezo.
Non estamos ensinando só "como funciona unha granxa"; estamos espertando o seu sentido crítico para que o día de mañá saiban elixir alimentos que rexeneren o medio e coiden a súa saúde. O futuro da terra escríbese sementando hoxe o respecto e a honestidade.
Grazas ao colexio pola visita e por querer formar parte deste ciclo vivo. 💚

15/06/2026

¿Manteiga convencional ou alimento medicinal? A diferenza radical está na orixe. 🧪🧬
Moito se falou de se a manteiga é saudable ou non, pero a ciencia demostra que o segredo está no que come o animal. En Casa da Fonte mantemos a nosa filo: 0% cereais, 100% pasto.
Cando bates unha tona crua procedente de ganadería 100% rexenerativa a pasto, o que obtés é unha graxa limpa de inflamación e cargada de beneficios:
🧼 Ácido Butírico puro: Un aliado directo para restaurar e coidar a túa microbiota intestinal.
🧪 Vitamina K2 e perfil lipídico puro: Co ratio Omega 3/6 próximo a (1:1), que o teu organismo recoñece e agradece.
🧬 Encimas vivas: Ao ser tona crua, mantén todas as sús propiedades intactas.
Despacio, pura, amarela. Como a de antes. Sen aditivos, sen procesos industriais que destrúan a graxa boa, sen présas. Só a integridade biolóxica dos nosos solos transformada de xeito artesanal nun produto denso, honesto e medicinal.
📲 Fai o teu pedido no enlace que atopas na nosa bio. Lotes semanais limitados por reserva.

O noso prado, na túa mesa. Benvidos ó catálogo de lácteos de Casa da Fonte. 🥛✨Aquí o leite non se fabrica, cultívase des...
30/05/2026

O noso prado, na túa mesa. Benvidos ó catálogo de lácteos de Casa da Fonte. 🥛✨
Aquí o leite non se fabrica, cultívase desde o solo. Non hai procesos industriais que homoxenicen o sabor; cada produto é o resultado directo dun modelo 100% pasto real, sen cereais, e gandaría rexenerativa na Ribeira Sacra.
Respectamos tanto a terra e os animais que a finais de agosto a produción párase para o seu descanso. Temos esta estacionalidade porque somos honestos coa natureza.
As nosas vacas son muxidas sen estrés, directamente no prado.
Despraza as imaxes para ver o noso escaparate actual:
🥛 Os Leites (Enteiro e Cru): Pura densidade nutricional, con toda a súa tona natural e un ratio Omega 3/6 próximo a (1:1) ideal para a túa microbiota. Dispoñible en formatos de 1L, 3L e 10L.
🥣 Iogur Grego, Intenso e Suave: Fermentacións artesanais lentas, sen aditivos nin espesantes. O equilibrio perfecto entre potencia probiótica e delicadeza no padal.
🧈 Manteiga e Ghee: Elaboradas con tona de vacas que só comen herba viva. Manteiga de tradición (formatos de 200g, 1/2kg e 1kg) e a sofisticación do noso Ghee.
🧀 Queixos : Queixo do país e curado. O noso leite transformado nese produto que tanto vos gusta
📲 ¿COMO FACER O TEU PEDIDO?
En Casa da Fonte traballamos baixo reserva semanal para garantir a máxima frescura. Unidades limitadas segundo o ciclo do pasto.
Mira as fotos e elixe os teus esenciais da semana.
Pulsa na ligazón do noso perfil para abrir un WhatsApp directo connosco.
Escríbenos co teu pedido e organizamos a túa entrega.

Dirección

A Fonte Nº1 Mañente (Pantón)
Mañente
27419

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Martes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 13:00
Jueves 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 13:00
16:00 - 19:00

Teléfono

+34667976553

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa da Fonte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Casa da Fonte:

Atajos

Compartir