Amarelante Sociedade Cooperativa Galega

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega Cooperativa de Manzaneda adicada á recuperación de soutos abandonados e elaboración de produtos de castaña. Facemos bica, fariña, castañas secas e folerpas.

A cooperativa Amarelante nace no ano 2013 como un proxecto de recuperación de soutos en estado de abandono para a produción de castaña de calidade que se comercializa baixo o selo de Castaña de Galicia. Apostamos polo medio rural como o noso medio de vida, dende o respecto e o beneficio mutuo. Situada no Concello de Manzaneda, na provincia de Ourense, esta cooperativa está formada por nove persoas

que entenden este proxecto como unha ferramenta de transformación social. A actual situación de crise económica, ecolóxica e social demanda a posta en marcha de estratexias que redefinan a relación do ser humano co medio no que se desenvolve. Vendemos fariña de castaña, castañas secas e bica de castaña. Visita a nosa web:amarelante.gal
Instagram: https://www.instagram.com/amarelante_scg/?hl=es
Twitter:

17/07/2026

Atención, atención! Faise saber que mañá, sábado 18 de xullo, a vila de Tremiñá celebrará o seu mercado medieval, con diversas actividades tradicionais. Amarelante xa ten o seu posto reservado e invitámosvos a todas a que vos acheguedes.

02/02/2026

Resulta que hoxe é o Día da Marmota. En Norteamérica, o 2 de febreiro observan entusiasmados como sae a marmota Phil do seu tobo e, segundo como sexa a súa sombra, predicen canto máis durará o inverno. Por aquí non nos fai falla marmota ningunha para determinar que este inverno está sendo moi intenso e non ten pinta de que vaia suavizar proximamente. Así que o mellor que podemos facer é coller unha boa manta, facer un café quentiño e mollar bica de castañas mentres vemos nevar na serra.

Dirección

A Corredoira, S/n
Manzaneda
32781

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Amarelante Sociedade Cooperativa Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Amarelante Sociedade Cooperativa Galega:

Atajos

Compartir