Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega

Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega Consultoría de Formación e Xestión de Proxectos Pagina de Formacion de Ardora

🌊🐚 Xa están abertas as inscricións para as rutas de marisqueo de setembro do proxecto Awaves, promovido pola Deputación ...
31/08/2026

🌊🐚 Xa están abertas as inscricións para as rutas de marisqueo de setembro do proxecto Awaves, promovido pola Deputación Pontevedra

ℹ Máis información e inscricións aquí 👇
https://www.depo.gal/es/web/awaves/obradoiros-de-marisqueo/formulario-de-inscricion

Un proxecto que nos está permitindo achegar o marisqueo a persoas con moitas ganas de descubrir como se extraen os moluscos das nosas rías e, sobre todo, de compartir as experiencias das mariscadoras. 💙🐚

E seguimos!

Desde Ardora queremos expresar o noso máis profundo pesar polo pasamento do mariñeiro da embarcación Playa de Cesantes q...
19/08/2026

Desde Ardora queremos expresar o noso máis profundo pesar polo pasamento do mariñeiro da embarcación Playa de Cesantes que perdeu a vida hoxe mentres faenaba.

Transmitimos todo o noso cariño e as nosas condolencias á súa familia, compañeiras e compañeiros, e persoas achegadas neste momento tan difícil.
Descanse en paz .................................

Desde Ardora queremos expresar nuestro más profundo pesar por el fallecimiento del marinero de la embarcación Playa de Cesantes que perdió la vida hoy mientras faenaba.

Transmitimos todo nuestro cariño y nuestras condolencias a su familia, compañeras y compañeros y personas allegadas en este momento tan difícil.
Descanse en paz

🌊🌊🌊Onte acompañamos aos técnicos de   na  visita que realizaron  no marco do Proxecto   do Centro tecnológico del Mar-Fu...
03/07/2026

🌊🌊🌊Onte acompañamos aos técnicos de na visita que realizaron no marco do Proxecto do Centro tecnológico del Mar-Fundación Cetmar.

Nesta actividade puideron coñecer o funcionamento dunha depuradora, o sistema de xestión da lonxa, o cumprimento da trazabilidade, o etiquetado en primeira venta, percorrer a praza de abastos de Bueu e rematar visitando unha empresa do sector da transformación.

🎉 O Centro tecnológico del Mar-Fundación Cetmar  celebra 25 anos de traballo a prol do mar, dos seus recursos e das pers...
10/06/2026

🎉 O Centro tecnológico del Mar-Fundación Cetmar celebra 25 anos de traballo a prol do mar, dos seus recursos e das persoas que viven del.

Desde Ardora sumámonos á celebración e animámosvos a participar nesta programación especial. Parabéns por estes 25 anos de compromiso co sector marítimo-pesqueiro galego! 👏

📅 Venres 12 de xuño | 10:30-20:00 h
🌊 LonxaLAB na explanada da sede de Cetmar en Bouzas: obradoiros, xogos e actividades de divulgación científica para todos os públicos.

📅 Sábado 13 de xuño | 11:30-14:00 h
⛵ VII Regata Solar na praia de Bouzas, con embarcacións deseñadas e construídas por estudantes e impulsadas por enerxía solar.

📢📢 Autoridade Portuaria de Vigo,  no marco do proxecto  , inicia un novo curso de balde: “Operador/a de Lonxa e de Produ...
25/05/2026

📢📢 Autoridade Portuaria de Vigo, no marco do proxecto , inicia un novo curso de balde: “Operador/a de Lonxa e de Produtos Pesqueiros”, dirixido a persoas en situación de desemprego.

📆 Data de inicio: 23 de xuño de 2026.
🕐 40 horas
📍 Edificio de Sesións (Peirao de Transatlánticos) Vigo

A formación abordará os aspectos clave das actividades pesqueiras, marisqueiras e de comercialización, incluíndo normativa e sustentabilidade, identificación de especies comerciais, frescura, conservación e cadea de frío, así como calidade, rastrexabilidade, seguridade alimentaria e comercialización de produtos pesqueiros

Outorgarase certificado acreditativo a quen finalice a acción formativa (cun mínimo do 50% de asistencia), así como o Certificado Oficial de Manipulador de Alimentos.

Animámosvos a inscribirvos e formarvos no sector da Economía Azul!”

📢📢Autoridad Portuaria de Vigo, en el marco del proyecto , inicia un nuevo curso gratuito: “Operador/a de Lonja y de Productos Pesqueros”, dirigido a personas en situación de desempleo.

📆 Fecha de inicio: 23 de junio de 2026.
🕐 40 horas
📍 Edificio de Sesiones (Muelle de Trasatlánticos) Vigo

La formación abordará los aspectos clave de las actividades pesqueras, marisqueras y de comercialización, incluyendo normativa y sostenibilidad, identificación de especies comerciales, frescura, conservación y cadena de frío, así como calidad, trazabilidad, seguridad alimentaria y comercialización de productos pesqueros

Se otorgará certificado acreditativo a quien finalice la acción formativa (con un mínimo del 50% de asistencia), así como el Certificado Oficial de Manipulador de Alimentos.

Os animamos a inscribiros y formaros en el sector de la Economía Azul!

Puerto de Vigo Universidade de Vigo


No Día Internacional da Muller Marítima queremos celebrar o papel esencial das mulleres para o presente e o futuro da ec...
18/05/2026

No Día Internacional da Muller Marítima queremos celebrar o papel esencial das mulleres para o presente e o futuro da economía azul ⚓🌊

Este ano, a efeméride céntrase en converter os compromisos pola igualdade de xénero en medidas reais e efectivas, capaces de xerar máis oportunidades, participación e liderado feminino en todos os ámbitos da industria marítima.

Desde Ardora sumámonos a este compromiso por un ámbito marítimo máis inclusivo e igualitario 💙

13/05/2026
13/05/2026

🌊🧏🏼‍♀️🌊O 16 de maio, Noia acollerá o acto conmemorativo do *Día Internacional da Muller no Sector Marítimo*.

Un encontro para recoñecer a traxectoria, o traballo e a contribución das mulleres do mar: mariscadoras, redeiras, pescadoras, profesionais da transformación, comercialización, investigación, formación, divulgación e de toda a cadea de valor marítimo-pesqueira.

📍 Coliseo Noela · Noia
📅 Sábado, 16 de maio de 2026
🕚 De 11:00 a 14:00 h
🚌 Servizo de autobuses desde distintos puntos da provincia
🍽️ Catering posterior

Inscrición GRATUITA na nosa web
https://www.anmupesca.org/inscripciones/

Organiza: Deputación da Coruña
Coordina: ANMUPES

Onte tivemos a oportunidade de moderar a mesa redonda “Mulleres do mar: presente e futuro do marisqueo”, organizada polo...
22/04/2026

Onte tivemos a oportunidade de moderar a mesa redonda “Mulleres do mar: presente e futuro do marisqueo”, organizada polo do Mar de Marín no marco do Festival de Cine do Mar.

Compartimos este espazo con Marina Bu**ta, Rita Iglesias e Sandra Amézaga, tres testemuñas para entender a realidade do marisqueo hoxe. Falamos de traballo, de dificultades, pero tamén de orgullo, de pertenza e de identidade.

O marisqueo é parte do que somos, e o seu futuro dependerá do que fagamos no presente.

Grazas por compartir as vosas experiencias con tanta xenerosidade. Grazas tamén ao público que nos acompañou. E, por suposto, grazas ao do Mar de Marín por impulsar este festival e por crear espazos de encontro e reflexión tan necesarios nunha vila costeira.
Autoría fotografías: Vilaboa

Dirección

Rúa Damas Apostólicas Nº 15. Oficina 103Calle Ramallosa
Nigrán
36370

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Ardora Formación y Servicios S. Coop. Galega:

Atajos

Compartir