28/05/2026
❤️ moitas gracias
❤️ sempre con nós
📰 Puramelsacra triunfa en Londres coa máxima distinción internacional á calidade.
🍯 O mel artesanal elaborado na consegue un Platinum e un Ouro nos London International Honey Awards (LIHA) 2026.
Puramel Sacra volve situar o mel galego no máis alto do panorama internacional tras obter dous importantes recoñecementos nos de Londres 2026, un dos certames de referencia mundial dentro do sector apícola 👏
A marca, elaborada de forma artesanal en pleno corazón da Ribeira Sacra, foi distinguida co premio Platinum á calidade, a máxima distinción outorgada polo xurado, conseguida co seu mel de castiñeiro. Ademais, Puramel Sacra convértese no único mel de Galicia en alcanzar este recoñecemento nesta edición.
🥇 Xunto a este galardón, a firma tamén recibiu un ouro na categoría de imaxe e presentación, un recoñecemento internacional que pon en valor o coidado do deseño, a identidade visual e a presentación do produto.
Puramel Sacra destaca ademais por ser actualmente o único mel de Galicia avalada por tres selos oficiais de calidade: IXP Mel de Galicia, Galicia Calidade e Artesanía Alimentaria, unhas distincións que recoñecen tanto a orixe como a excelencia e autenticidade do produto 🔵
👉 Estes premios supoñen un novo impulso para un proxecto familiar profundamente ligado ao territorio, á apicultura tradicional e ao respecto polas abellas e a contorna natural da Ribeira Sacra.
Detrás de cada tarro de Puramel Sacra hai anos de traballo, dedicación e paixón por ofrecer un mel de máxima calidade, elaborada de xeito artesanal e mantendo intacta a esencia do produto ✨
💬 Desde a marca destacan que este recoñecemento “é tamén un premio para a nosa terra, para a apicultura galega e para todas as persoas que valoran o traballo artesanal e o produto auténtico”.
Os recoñecementos obtidos en Londres súmanse ademais aos recentes éxitos internacionais alcanzados por Puramel Sacra en París, consolidando así a traxectoria da marca nalgúns dos concursos de mel máis prestixiosos do mundo 🌍
Turismo de Galicia