20/07/2025
Boa tarde a todos.
As veces as verbas non salen cando un máis necesita expresarse, e tamén cando os sentimentos están a flor de pel.
Hoxe faisenos moi duro e triste anunciar o traspaso do Noso negocio, o cal en novembro faría 42 anos. Toda unha traxectoria que comezaron no baixo da súa casa Etelvina e o seu fillo Juan. Unha pequena tenda no pobo de Aguiño, onde a terra remata, coa Illa de Sálvora como protectora. Un recorrido polo que pasaron persoas da nosa parroquia, de Carreira e Castiñeiras, maiormente. Xente que viña mercar pan, leite, fariña; pero ao mesmo tempo persoas entrañables, diversas, todas elas facendo comunidade. Para nos, veciños, coas súas p***s e alegrías, con historias de vida e de superación. Boa xente.
Abrir as portas non foi todos os días doado, pero fixémolo sempre con cariño e respeto; con responsabilidade e honradez; cualidades que nos transmitiron nosos pais, aos cales nunca lle estaremos o suficientemente agradecidos.
Dende o máis fondo queremos expresar a nosa gratitude a todos: clientes, traballadores, proveedores, repartidores... Todos os que pasaron por aquí, polo número 88 da Rúa de Sálvora.
Agora pasámoslle o turno a Toni e Lorena, dous mozos xóvenes emprendedores, dos que xa poucos quedan. Desexámoslle moita sorte neste novo proxecto. Todo se consegue con esforzo diario, nada ven feito, pero con constancia, bo trato e traballo todo vai saíndo. Todos merecemos unha oportunidade na vida, e pregaríamos que confiárades neles.
Foi un pracer formar parte durante todos estes anos deste negocio e co corazón encolleito, darvos as gracias sempre a todos por tanto. Sobre todo, moita saúde.
Está foto tan fermosa que poñemos é unha homenaxe a Etelvina, a Juan de Cordas e ao seu fillo Juan Manuel. Sempre estarán en nos.