Festa do Caldo de Ósos de Taboada

Festa do Caldo de Ósos de Taboada A Festa do Caldo de Ósos celébrase cada ano a fin de semana do Domingo de Entroido ensalzando o prato máis típico de Taboada.

O caldo de ósos, xantar de matanza dende tempo memorial, é o protagonista desta popular festa gastronómica.

Rematamos esta viaxe pola Festa do Caldo de Ósos de 2026 co auténtico protagonista: o caldo de ósos! O domingo, día gran...
21/02/2026

Rematamos esta viaxe pola Festa do Caldo de Ósos de 2026 co auténtico protagonista: o caldo de ósos! O domingo, día grande da festa, o xantar popular e a cea son punto de encontro de veciños e visitantes arredor dun prato tan noso e que tanto presta nos días fríos.

Moitísimas grazas a todos os restaurantes participantes nesta 34 edición da festa: Parrillada Mencía, Tapería Devezo, Casa do Romualdo, Restaurante Anduriña, ScalaTaboada, Parrillada San Martiño, Restaurante Urdi e Complexo Turístico Ponte Mourulle. Sodes o corazón do caldo de ósos, 🧡!

Que grandes Rechouchíos na Festa do Caldo de Ósos! Tamborrada a tope e cabezudos para festexar o día grande da festa!  é...
20/02/2026

Que grandes Rechouchíos na Festa do Caldo de Ósos! Tamborrada a tope e cabezudos para festexar o día grande da festa!

é unha asociación de Taboada que traballa na preservación e promoción da identidade cultural galega: ver a todos e todas as cativas tocando os seus tambores é emocionante, 💜. O futuro das nosas tradicións está nas súas mans!

As exhibicións de artesanía en vivo son un clásico da Festa do Caldo de Ósos: parécenos importantísimo nunha celebración...
19/02/2026

As exhibicións de artesanía en vivo son un clásico da Festa do Caldo de Ósos: parécenos importantísimo nunha celebración coma a nosa poñer en valor os oficios tradicionais e a creación manual. Tamén que os cativos podan apreciar e valorar como se fai unha cesta ou como se manexa o torno: é o noso legado.

Moitísimas grazas as artesáns Beatriz Valín López e María Josefa Sánchez Castedo por acompañarnos o domingo!

Xunto a elas non podía faltar unha das nosas representacións máis antigas, a Queima das Fachas de Castelo. Convidámosvos a vir desfrutar da no mes de setembro!

E importantísima tamén é na Festa do Caldo de Ósos a Feira de Razas Autóctonas que temos sempre durante a Festa do Caldo de Ósos. Moitísimas grazas á por traer a Taboada tan fermosos exemplares de , e .

Peche de luxo para a Festa do Caldo de Ósos con Orquesta Los Satélites ! Que gana tiñamos de poder traer a esta fantásti...
18/02/2026

Peche de luxo para a Festa do Caldo de Ósos con Orquesta Los Satélites ! Que gana tiñamos de poder traer a esta fantástica orquestra a Taboada, 🥰!

A parte musical é clave na Festa do Caldo de Ósos, e cada ano tentamos que a nosa identidade e a nosa tradición sexan pr...
18/02/2026

A parte musical é clave na Festa do Caldo de Ósos, e cada ano tentamos que a nosa identidade e a nosa tradición sexan protagonistas. A actuación de Cántigas e Frores deixou a máis de un sen palabras. Dicir que foi marabillosa sería quedarnos curt@s: as actuacións das diferentes escolas desta asociación cultural chamaron ben forte ás portas do noso espírito, 🧡.

Cántigas e Frores leva dende 1948 estudando, fomentando e defendendo a cultura tradicional galega, e todo o peso desa historia convertida en música, cantos e baile foi pura maxia a tarde do domingo en Taboada.

Dámonos conta do que temos cando o perdemos, e a nosa pregoeira, Mercedes Vázquez, botou a faltar o caldo de ósos moi ce...
17/02/2026

Dámonos conta do que temos cando o perdemos, e a nosa pregoeira, Mercedes Vázquez, botou a faltar o caldo de ósos moi cedo: sendo unha cativa, cando viaxou 36 horas en tren dende Galicia a Cataluña para ir estudar. Alí, lonxe da súa terra, botou por primeira vez de menos o noso caldo, e así o contou o domingo en Taboada ante centos de persoas.

O típico prato de Taboada leva presente toda a vida de Mercedes, como destacou no fermoso pregón da Festa do Caldo de Ósos. Un prato que e bó para espantar a fame e tamén o frío, símbolo dese lugar, a cociña, "espazo de encontro" no que o caldo ule a fogar e a agarimo.

"Se o caldo é de Taboada xamais o vas esquecer, que viva o caldo de osos”, rematou a nosa pregoeira o seu canto de amor á nosa terra, 🥰.

Puxo así punto final ao acto institucional da festa, que abriu o concelleiro Manuel Diéguez e no que tamén inverviron o tenente de alcalde, José Portela, e o alcalde do Concello de Taboada, Roi Rigueira.

Queremos agradecer a súa presenza a todas as autoridades que quixeron acompañarnos o domingo en Taboada: aos alcaldes e concelleiros dos concellos da contorna; á conselleira de Medio Rural, María José Gómez; á presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López; á deputada do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, e á deputada de Cultura da Deputación, Iria Castro.

Despois do acto institucional todas as autoridades tiveron a oportunidade de percorrer o recinto da festa e saudar a todos os produtores e artesáns.

Grazas a todos por acompañarnos!

Hoxe toca falar da xente da Festa do Caldo de Ósos : de vós. Dos de Taboada, dos da contorna, dos que viñestes de lonxe ...
17/02/2026

Hoxe toca falar da xente da Festa do Caldo de Ósos : de vós. Dos de Taboada, dos da contorna, dos que viñestes de lonxe e tamén dos que non puidestes vir pero estivéchedes seguíndoa con entusiasmo polas nosas redes! Todo o esforzo paga a pena ao ver que, ano a ano (e xa van 34), nunca fallades, 🧡. Grazas!

Cantas cousas quedan aínda por contar desta Festa do Caldo de Ósos! Seguide con nós estes días, que imos compartilas con...
16/02/2026

Cantas cousas quedan aínda por contar desta Festa do Caldo de Ósos! Seguide con nós estes días, que imos compartilas con vós, 💛.

Imos comezar con todos os artesáns, produtores e adegas que estiveron connosco na carpa o domingo! Eles son uns dos corazóns da nosa festa e enchen de vida e de sorrisos a carpa!

🍷 Instinto Romano, Adega Castrofiz e Adegas e Viñedos Lareu acompañáronos cos seus riquísimos viños!
🍪 Na parte gastronómica tivemos a Sacrapastas, Xeou - Xeados co noso leite, Rosquillas Artesás de Valga, de Sarria, Landra, Grande de Paderne, Quesearte, , , Panadería Irene, Sovoral, Alimentación Salgado e Valín, @3 fuciños, Aceites Embruxo e o Urbano.
🧺 Rosa María Fidalgo, Mimacuir, Manualidades Mary e Bolboretas de Coiro foron a parte de complementos e xoias artesáns e Alma Salud veu cos seus produtos naturais para coidar o noso corpo.

Moitísimas grazas a tod@s por apoiar a nosa festa, 🥰!

15/02/2026

Quen ven bailar coa ?

15/02/2026

Con tod@s vós... !

Dirección

Praza De Riazón
Silleda
27550

Teléfono

+34982465301

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festa do Caldo de Ósos de Taboada publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festa do Caldo de Ósos de Taboada:

Compartir