10/09/2026
Hai máis de 40 anos que Co**ha forma parte da vida do mercado. Unha longa traxectoria que comezou na antiga praza da rúa Casal Aboy e que aínda continúa na actualidade no novo mercado.
O seu oficio, transmitido de xeración en xeración, nace dunha familia de peixeiras e peixeiros. Hoxe, xunto á súa filla Sonia, Co**ha mantén vivo este legado en Pescados Co**ha, coa experiencia, a confianza e o cariño de sempre.
Dúas xeracións que forman parte da memoria e do presente do Mercado de San Antonio de Tui.